Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptado na A-6 un condutor que sextuplicaba a taxa máxima de alcol permitida

Interceptado na A-6 un condutor que sextuplicaba a taxa máxima de alcol permitida

O home, que carecía de carné por perda de puntos, estaba estacionado na beiravía da autovía en Guitiriz

G24.gal 11/04/2024 09:42

A Garda Civil de Lugo interceptou na A-6 ao seu paso pola localidade de Guitiriz un condutor que sextuplicaba a taxa máxima de alcol permitida e, ademais, circulaba sen carné por perda total de puntos.

Segundo informou a Garda Civil, os axentes observaron un vehículo parado na beira da autovía A-6, no quilómetro 539, que se atopaba co motor en marcha e as luces de cruzamento accionadas.

Os axentes dirixíronse ao seu condutor e único ocupante para verificar se precisaba algún tipo de axuda e observaron que se atopaba desorientado e con síntomas evidentes de embriaguez.

Por tanto, realizáronlle a proba de alcoholemia, que resultou positiva, cun nivel de alcol que multiplicaba por seis a taxa máxima permitida.

O condutor resultou ser un home de 49 anos e veciño da Coruña que carecía de autorización administrativa para conducir por perder todos os puntos do carné.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade