Cargando resultados...
Interceptado un pesqueiro con 1.500 quilos de cocaína preto das Canarias
Interceptado un pesqueiro con 1.500 quilos de cocaína preto das Canarias
Hai 6 detidos, 5 brasileiros e 1 venezolano
É o quinto alixo aprehendido no que vai de ano preto do arquipélago
Antón Montero
12/05/2023 19:14
Última actualización 12/05/2023 19:39
As forzas de seguridade interceptaron un pesqueiro con 1.500 quilos de cocaína en augas próximas ás illas Canarias.
Os axentes abordaron o barco a 150 millas ao sur do arquipélago. A droga estaba repartida en 60 fardos ocultos nun compartimento na sala de máquinas. Están detidos os 6 tripulantes, cinco brasileiros e un venezolano.
É o quinto alixo de cocaína aprehendido no que vai de ano preto das illas.