Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan en Bergondo un ciclista, que deu positivo nas probas de cannabis

Interceptan en Bergondo un ciclista, que deu positivo nas probas de cannabis

O infractor, que circulaba pola noite sen reflectantes, é un veciño de Oza-Cesuras

Interceptan nun control un ciclista que circulaba pola estrada e deu positivo en THC/Garda Civil Interceptan nun control un ciclista que circulaba pola estrada e deu positivo en THC/Garda Civil
G24.gal 02/07/2023 11:17

Axentes do Grupo Operativo do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia interceptaron nunha estrada do concello de Bergondo a un ciclista que deu positivo en cánnabis, THC.

Os feitos sucederon  cando os axentes realizaban un servizo de prevención e vixilancia do tráfico en horario nocturno, na estrada DP-105 na localidade coruñesa.

No transcurso do mesmo, cruzáronse cun ciclista que circulaba sen ningún tipo de peza reflectora e a  bicicleta carecía de catadióptricos e iluminación.

Unha vez interceptado o vehículo, realizáronlle ao home que o conducía as pertinentes probas de alcol e drogas, lanzando un resultado positivo en cánnabis.

Os axentes enviaron unha segunda proba para a súa análise no laboratorio de referencia, o que conlevaría en caso de confirmación unha sanción por un importe de 1.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade