Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interior restitúe no seu cargo o coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos

Interior restitúe no seu cargo o coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos

O pasado marzo, o Supremo estimou o recurso de Pérez dos Cobos contra a sentenza da Audiencia Nacional que confirmou o seu cesamento

G24.gal 28/07/2023 17:29

O Ministro do Interior Fernando Grande-Marlaska restituíu no seu cargo o coronel da Garda Civil Diego Pérez de los Cobos en cumprimento do fallo que nese sentido ditou o Tribunal Supremo o pasado marzo ao estimar o recurso que este interpuxo contra o seu cesamento como xefe da Comandancia da Garda Civil de Madrid.

Grande-Marlaska adoptou esta decisión, como xa anunciou, ao sinalar que acataría o fallo e en prazo restituiría ao coronel no seu cargo, que tras o seu cesamento foi ocupado de forma interina polo recentemente nomeado xeneral David Blanes González.

O pasado 28 de marzo, o Supremo estimou o recurso de Pérez de los Cobos contra a sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Nacional que confirmou o seu cesamento, acordado polo Ministerio do Interior en maio de 2020.

De los Cobos, coñecido pola súa actuación no procés e o referendo do 1-O, foi cesado despois de que membros da Policía Xudicial da Comandancia de Madrid entregasen un informe á xuíza que levaba o caso da manifestación do 8M e a súa posible influencia na expansión da covid-19.

Nun primeiro momento o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, atribuíu o cesamento a razóns de organización internas e desvinculouno dese informe aínda que posteriormente matizou que respondía á filtración do mesmo aos medios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade