Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE arremete contra o xuíz que investiga a Begoña Gómez

O PSOE arremete contra o xuíz que investiga a Begoña Gómez

Varios ministros socialistas critican este mércores a decisión do maxistrado de citar a muller do presidente na recta final da campaña electoral

O líder do PP acusa o Goberno de "atacar os xuíces" para "silenciar calquera crítica ao puto amo"

G24.gal 05/06/2024 15:00

Na súa segunda carta, Pedro Sánchez cualifica de "estraño" o proceder do xuíz que instrúe o caso da súa muller, Juan Carlos Peinado. Este mércores aboaron os seus argumentos varios ministros do seu gabinete.

Para Pilar Alegría, voceira do Goberno, "todo este proceso está resultando claramente estraño e burdo".

Fernando Grande-Marlaska, tamén maxistrado de carreira, critica que se cite a Begoña Gómez antes de escoitar os testemuños e unha vez lido o informe da UCO. Ao ministro do Interior cáusalle "absoluta estrañeza unha resolución destas características, tanto pola forma, polo tempo e polo fondo".

Pero, sobre todo, o PSOE denuncia un intento por parte do xuíz de interferir nas eleccións deste domingo. Segundo Óscar Puente, ministro de Transportes, "a decisión, tomada neste momento e anunciada a través dos medios de comunicación, só se pode interpretar en clave electoral". 

Dende o PP tiran, precisamente, dunha expresión de Óscar Puente para arremeter contra Pedro Sánchez. "Non é normal que se intente silenciar calquera crítica ao puto amo", dixo Alberto Núñez Feijóo durante un acto de campaña. Na súa opinión, estase "atacando" os xuíces "para tapar a presunta corrupción que rodea o Goberno, o partido e a Moncloa".

O PP vai presentar denuncia ante a Xunta Electoral polo que considera un uso partidista do Consello de Ministros na recta final da campaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade