Publicador de contidos
Publicador de contidos

Marlaska confirma a cooperación con Marrocos para localizar o piloto da narcolancha de Barbate

Marlaska confirma a cooperación con Marrocos para localizar o piloto da narcolancha de Barbate

G24.gal 17/06/2024 15:06

O ministro do Interior asegura que hai que respectar a instrución para localizar e deter os autores do asasinato de dous gardas civís en Barbate o pasado mes de febreiro. Un dos seis detidos na causa sinalou un cidadán marroquí como condutor da narcolancha que arrolou a zódiac dos axentes.

Grande-Marlaska asegurou que "Toda a cooperación que sexa necesaria a nivel policial e xudicial, sexa con Marrocos ou con outro país ao obxecto de determinar a autoría e que os autores respondan xudicialmente en España farase ineludiblemente".

O ministro do Interior fixo estas declaracións durante unha visita ao porto de Alxeciras para supervisar a Operación Paso do Estreito, que este ano mobiliza máis de 26.100 axentes para supervisar o movemento de 3,3 millóns de persoas entre xuño e setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade