Interveñen 350 quilos de precursores de explosivos nun garaxe dun edificio en Reus
Interveñen 350 quilos de precursores de explosivos nun garaxe dun edificio en Reus
Trátase dunha das maiores incautacións desta substancia realizada en España
Co Clorato Potásico poden fabricarse explosivos que usan os terroristas
Axentes da Garda Civil interviñeron 350 quilos de precursores de explosivos agochados no garaxe dunha comunidade de veciños da localidade tarraconense de Reus. Trátase de Clorato Potásico, un precursor restrinxido que estaba tratando de vender na Internet.
O seu almacenamento incumpría as mínimas normas de seguridade e xeraba un risco para os veciños. O vendedor tiña 7 bidóns de 7 quilos cada un deles no garaxe do edificio onde residía e tíñaos postos á venda nunha plataforma ilegal.
O Clorato Potásico poden fabricarse bombas caseiras e é na web onde os terroristas e outros delincuentes realizan as súas buscas.
É unha das maiores aprehensións de precursores de explosivos realizada ata o momento en España. A substancia incautada procedía dunha antiga empresa de fulminantes que pechou hai varios anos.
A investigacións comezou despois de que a Xefatura de Información da Garda Civil detectara o intento de venda ilegal deste produto na Internet. O Clorato Potásico almacenado tiña unha concentración do 99,8 % o que implica que a súa venda e tenencia está prohibido a particulares, e só a poden adquirir usuarios profesionais para a súa actividade laboral ou industrial.