Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado o sindicato de limpeza da Coruña por supostas "mordidas"

Investigado o sindicato de limpeza da Coruña por supostas "mordidas"

A Policía Nacional detivo catro persoas por unha suposta trama de corrupción e a CIG esixe que se reabra unha denuncia en Ourense

G24.gal 25/02/2023 12:20 Última actualización 25/02/2023 12:41

Os catro membros do Sindicato de Traballadores da Limpeza STL, que están a ser investigados na Coruña por corrupción, estafa e branqueo de capitais, terán que comparecer cada quince días, despois de que o xulgado decretara a súa posta en liberdade.

Estas persoas, entre as que se atopa o secretario xeral do sindicato, foron detidas este mércores, despois de que a Policía Nacional os vinculara cunha rede criminal na que presuntamente se esixían pagos mensuais, a xeito de mordidas, a quen quixese traballar en empresas adxudicatarias dos servizos públicos da Coruña.

Segundo os investigadores, esta trama, a través de varias empresas na sombra e de colaboradores, conseguiu xerar uns beneficios duns 250.000 euros en tan só un ano.

A raíz destes feitos, o sindicato CIG acaba de pedir a reapertura dunha denuncia do 2020 diante da fiscalía relacionada con supostas irregularidades nas contratacións na cidade de Ourense, nas que se sinalaba o sindicato STL.

Esixen ademais que a nova concesión do servizo de recollida do lixo na cidade das Burgas se realice de xeito transparente para evitar enriquecementos ilícitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade