Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigadores de Ourense demostran a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Investigadores de Ourense demostran a viabilidade de ir a Marte con propulsión solar

Os expertos presentaron un deseño preliminar completo dun satélite con este sistema

G24.gal 19/02/2024 17:28 Última actualización 19/02/2024 17:50

Investigadores do campus de Ourense, que está adscrito á Universidade de Vigo, demostraron a  viabilidade de realizar unha misión ao planeta Marte con propulsión solar eléctrica e presentaron un deseño preliminar completo dun satélite con este sistema, en contraposición coa propulsión química, que é o método empregado tradicionalmente no espazo.

O artigo titulado Feasibility study of a solar electric propulsion mission to Mars, firmado polos investigadores e profesores da Escola de Enxeñería Aeronáutica Marco Casanova, Fermín Navarro e Daniele Tommasini, foi publicado na revista Acta Astronáutica.

Segundo informa a universidade, este traballo é froito da colaboración entre os centros de investigación AtlanTTic e o IFCAE (Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais) da Universidade de Vigo e forma parte dun programa de doutoramento.

Os autores do artigo detallan que o obxectivo é "mellorar este tipo de misións" ao "abrir portas a tipos de traxectorias imposibles coa propulsión química". Aplican a propulsión eléctrica e utilizan "o impulso que xera a aceleración de electróns que se exectan ao ionizar un gas noble", o que permite xerar "unha forza moito máis pequena, que consome propulsión a unha velocidade moito menor".

Para levar a cabo este estudo, os investigadores compararon as masas que se necesitarían "para levar a cabo unha misión científica a unha órbita polar ao redor de Marte, a só 300 quilómetros de altura empregando un sistema químico e un eléctrico".

Ademais, presentaron un deseño preliminar completo dun satélite de propulsión eléctrica capaz de levar a cabo a misión ao cumprir os requisitos de potencia, masa e equipamento necesarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade