Investigadores galegos demostran que é posible chegar a Marte con propulsión eléctrica solar
Investigadores galegos demostran que é posible chegar a Marte con propulsión eléctrica solar
Trátase dun sistema que xa se usa nos satélites de comunicación ou os meteorolóxicos
A evolución da tecnoloxía fixo que as misións espaciais foran mudando co paso do tempo.
O último avance nas viaxes interplanetarias xestouse no campus de Ourense da man de tres investigadores, Marco Casanova, Fermín Navarro e Daniele Tommasini.
Demostraron que é viable enviar unha nave a Marte empregando só propulsión eléctrica solar.
Trátase dun sistema que xa se usa nos satélites de comunicación ou os meteorolóxicos, pero nas misións interplanetarias adoita empregarse a propulsión química.
O cambio permitiría reducir a masa da nave e polo tanto o custo do lanzamento.
Ademais con máis potencia eléctrica poderían enviarse máis datos á terra ou contar con máis instrumentos de estudo para facer máis ciencia alí, como subliña Fermín Navarro.
O estudo inclúe o deseño preliminar completo dun satélite con este sistema.
Unha realidade que xa é factible coa tecnoloxía actual e que abriría novas posibilidades para as futuras misións espaciais, non só a Marte, senón tamén a outros planetas.