Cargando resultados...
Investigan a desaparición de dúas nenas de 4 e 9 anos como posible secuestro parental
Investigan a desaparición de dúas nenas de 4 e 9 anos como posible secuestro parental
A denuncia foi presentada pola nai das menores
G24.gal
26/06/2023 19:59
Última actualización 26/06/2023 20:07
A Garda Civil abre unha investigación para localizar dúas irmás de 4 e 9 anos, Karina Melisa e Dalia Luisa Rosca, desaparecidas o pasado 24 de xuño en Roquetas de Mar, Almería.
A Comandancia de Almería di que tras recibir a denuncia están a analizar as circunstancias en que se produciu a desaparición.
Fontes próximas ao caso indicaron que a dita denuncia foi presentada pola nai das menores e que podería tratarse dun presunto caso de "secuestro parental".
Segundo a información facilitada polo Centro Nacional de Desaparecidos e a asociación SOS Desaparecidos, Karina Melisa, de 4 anos, mide 1,10 metros, Dalia Luisa, de 9 anos, mide 1,55 metros e ambas as menores teñen o pelo louro e ondulado.