Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a fusión entre Orange e MásMóvil

Investigan a fusión entre Orange e MásMóvil

A Comisión Europea cre vai diminuír o número de operadores de rede en España e aumentar os prezos do servizo

 

G24.gal 03/04/2023 18:21

A Comisión Europea anunciou este luns a apertura dunha investigación sobre a fusión planeada entre Orange e MásMóvil.

Preocúpalle que a operación "poida reducir a competencia na prestación retallista de servizos de banda ancha móbil e fixa e na oferta de paquetes de servizos múltiples en España".

 Bruxelas advertiu de que esta fusión entre dúas das principais operadoras de telefonía móbil "diminuiría o número de operadores de rede en España, eliminando así un competidor innovador e significativo", o que podería levar a "prezos máis elevados e a unha menor calidade dos servizos de telecomunicacións para os clientes".

Bruxelas debe concluír esta investigación nos vindeiros 90 días hábiles, é dicir, antes do 21 de agosto.

A operación, anunciada o pasado mes de xullo, implica unha valoración da compañía de 18.600 millóns de euros, dos cales 7.800 corresponden a Orange (segundo operador de telefonía móbil en España) e 10.900 a MásMóvil (cuarto no mesmo sector).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade