Cargando resultados...
Investigan como crime machista a morte dunha muller en Cieza (Murcia)
Investigan como crime machista a morte dunha muller en Cieza (Murcia)
A exparella da vítima está detida dende o venres por incumprir unha orde de afastamento
Familiares e amigos da vítima tras enterarse da nova
G24.gal
17/09/2023 12:46
Última actualización 17/09/2023 12:57
O corpo dunha muller de 34 anos, que estaba desaparecida desde o mércores no concello murciano de Cieza, apareceu nun pozo.
O irmán da muller denunciara a desaparición cando non se presentou no colexio a recoller a filla. Segundo explicou, na véspera recibira ameazas da súa exparella. A Garda Civil investiga os feitos como un crime machista.
A exparella da falecida está detida desde o venres por saltar unha orde de afastamento. Con esta vítima, xa son tres as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas nos últimos días.