Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan como homicidio a desaparición dunha muller en Arcade en 2021

Investigan como homicidio a desaparición dunha muller en Arcade en 2021

A autopsia revela que a muller recibiu varios golpes na cabeza

G24.gal 30/07/2024 17:51

A morte de Manuela Barbosa, a muller de 66 anos que desapareceu en Arcade (Soutomaior) en xullo de 2021, pasou a investigarse como un homicidio.

O informe da autopsia realizada polos forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia conclúe que a súa morte foi consecuencia dun acto violento, xa que a muller recibiría varios golpes na cabeza.

O cadáver apareceu o pasado 18 de xuño nunha leira próxima á casa da filla, á que fora a visitar aquel día.

Polo de agora non se atopou a arma homicida. O informe forense reitera que os golpes recibidos pola falecida foron realizados cun obxecto contundente.

A Garda Civil está á espera tamén de recibir o resultado da análise da dentadura realizado polo Laboratorio de Criminalística da Garda Civil de Madrid sobre os restos localizados no municipio pontevedrés.

Traballan coa hipótese de que o corpo pertence a Barbosa, veciña de Redondela (Pontevedra), aínda que o ADN aínda non o confirmou.

Nas inmediacións da zona onde se atopou gran parte do esqueleto apareceu a carteira desta muller, onde había varias fotografías da falecida.

Ademais, tamén se atoparon efectos persoais da súa propiedade, entre eles, algunhas xoias que levaba o día da súa desaparición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade