Cargando resultados...
Investigan como posible caso de violencia vicaria a morte de dous nenos e seu pai en Barcelona
Investigan como posible caso de violencia vicaria a morte de dous nenos e seu pai en Barcelona
A nai dos nenos avisou as autoridades ao non ter noticia do seu exmarido, que debía entregarlle os pequenos despois do Nadal
G24.gal
08/01/2024 20:07
Última actualización 08/01/2024 20:13
Os Mossos d'Esquadra investigan a morte dun pai e os seus dous fillos no interior dun piso do distrito barcelonés de Horta-Guinardó, intoxicados debido a unha gran concentración de gas acumulada no inmoble.
Segundo informaron fontes municipais, efectivos dos Bombeiros de Barcelona están a levar a cabo xestións para garantir a seguridade do inmoble e activaron axentes da policía científica dos Mossos para que investiguen as circunstancias do suceso.
Segundo avanza La Vanguardia, a nai dos nenos avisou as autoridades ao non ter noticia do seu exmarido, que debía entregarlle os dous pequenos despois das festas do Nadal.