Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o uso continuado en Monforte de pirotecnia polas noites

Investigan o uso continuado en Monforte de pirotecnia polas noites

O estrondo altera o descanso dos veciños e das súas mascotas

Félix Aragunde 10/01/2022 13:31

Os veciños de Monforte levan un mes soportando o uso continuado de pirotecnia polas noites. Entre a última hora da tarde e entrada a madrugada, séntense os foguetes por toda a vila.

Unha das zonas máis afectadas é o céntrico barrio dos Chaos, onde os residentes se preguntan quen andará a alterar o seu descanso coas bombas. 

Entre os veciños máis indignados polo abuso dos foguetes figuran os que madrugan, os que teñen nenos pequenos ou os que teñen mascotas, que se sobresaltan co ruído. A raíz das denuncias, a policía local está a investigar a identidade dos autores destes feitos. 

Os responsables deste uso abusivo da pirotecnia enfróntanse, como mínimo, a unha sanción económica por vulnerar a ordenanza sobre ruídos, xa que este tipo de estrondos están prohibidos ao pasar das dez da noite.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade