Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa ourensá usa drons para recrear espectáculos pirotécnicos

Unha empresa ourensá usa drons para recrear espectáculos pirotécnicos

Unha alternativa innovadora e sostible que busca eliminar o ruído e os perigos da pólvora

G24.gal 04/10/2023 20:27 Última actualización 04/10/2023 20:46

É sinónimo de festa. O estrondo da pólvora está presente nas principais celebracións por todo  o mundo. Unha tradición que un destes mozos, que acaban de rematar Enxeñería Aeroespacial, busca adaptar aos novos tempos.

Lucas Hermida, Director de Luxsit, subliña que en Portugal están prohibidos no verán polo risco de incendio. Ademais, supoñen un problema para as persoas vulnerables aos ruídos e os animais. "Entón buscamos unha solución e vimos que os drons eran unha alternativa limpa e sostible".

Deseñaron drons capaces de resistir os ventos que hai na nosa comunidade autónoma e adaptarse ás necesidades do espectáculo minimizando os riscos e o prezo. Para iso, como sinala Santiago Corrales, director técnico do proxecto, botaron man das tecnoloxías de vangarda e a impresión 3D.

A simulación, sosteñen, é ata un 80 por cento máis económica que o espectáculo pirotécnico.  Ademais, a pesar dos avances nos fogos de artificio, as posibilidades creativas dos drons, destacan, son infinitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade