Publicador de contidos
Publicador de contidos

O acusado pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui acepta catro anos de cárcere

O acusado pola explosión da pirotecnia ilegal de Tui acepta catro anos de cárcere

Queda por despexar, na vía civil, quen se fará cargo de sufragar os danos 

O investigado será inhabilitado para calquera oficio relacionado cunha actividade pirotécnica durante 18 anos

Conta tamén cunha orde de afastamento da zona cero durante seis anos

G24.gal 15/04/2024 20:35 Última actualización 15/04/2024 20:45

O responsable do almacén pirotécnico ilegal de Paramos, en Tui, que explotou en maio de 2018 recoñece os feitos e aceptará catro anos de prisión, pero queda por despexar, na vía civil, quen se fará cargo de sufragar os danos dun suceso que causou a morte a un matrimonio, ducias de feridos e cuantiosos danos materiais.

Ese é o acordo alcanzado entre as partes acudidas nesta causa, co propio acusado e coa Fiscalía, que inicialmente pedía 14 anos de cárcere. Deste xeito, cando o xuízo sexa sinalado na Audiencia Provincial de Pontevedra, celebrarase unha vista de conformidade.

Os termos do acordo recollen esa condena de catro anos por dous homicidios imprudentes, ademais de 27 delitos de lesións e un delito de dano catastrófico.

Ademais, acordouse tamén que o investigado sexa inhabilitado para oficio ou profesión relacionada coa actividade pirotécnica durante 18 anos e que se lle impoña unha orde de afastamento da zona cero da explosión, de maneira que non poida aproximarse a menos dun quilómetro durante seis anos.

Á marxe deste acordo relativo á responsabilidade penal, queda por dilucidar aínda a responsabilidade civil, xa que a explosión produciu danos en 430 vivendas e case 80 vehículos. O portavoz da Plataforma de Afectados lembrou que a estimación de danos supera os 12 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade