Máis dun cento de mulleres denuncian picadas en espazos de ocio nocturno éuscaros
Máis dun cento de mulleres denuncian picadas en espazos de ocio nocturno éuscaros
No Instituto Vasco da Muller piden que non se alimente o medo
Máis dun cento de mulleres informaron nos últimos días de que sentiran unha picada mentres gozaban do ocio nocturno en festas, puntos de reunión ou nunha discoteca, en varias localidades do País Vasco.
A Ertzaintza investiga unha ducia de casos, por se buscasen a submisión química das vítimas. A responsable do Instituto Vasco da Muller mostrou a súa preocupación e pediu prudencia á hora de informar.
"Creo que debemos facelo con prudencia porque non podemos contribuír a alimentar un medo que coarta a liberdade das mulleres"
Izaskun Landaida subliñou que a violencia contra a muller é un problema estrutural, apoiado na falta de igualdade, e avogou por poñer o foco nos homes para lograr un cambio de valores.
"Para que se convertan en axentes de cambio, para que xunto con outros homes dean pasos firmes contra a violencia cara ás mulleres"
De momento, non se atoparon restos de substancias tóxicas nas vítimas e descoñécese a intención das picadas.
Esta fin de semana, o movemento feminista de Getxo convocou unha concentración de repulsa contra os ataques.