Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha familia vasca sofre un accidente de tráfico en Tanzania e falecen a nai e a filla

Unha familia vasca sofre un accidente de tráfico en Tanzania e falecen a nai e a filla

O automóbil en que viaxaban envorcou e caeu desde unha altura de 600 metros á pista de acceso ao cráter Ngorongoro, situado nun parque natural

A menor falecida ten 17 anos

O pai e outro fillo, de 15 anos, quedaron feridos

G24.gal 07/08/2024 11:06

Unha familia vasca sufriu o pasado domingo un accidente de tráfico en Tanzania no que morreron a nai e a filla, de 17 anos, mentres que o pai e o fillo, de 15 anos, quedaron feridos.

Os catro son veciños de Getxo (Biscaia) e atopábanse de turismo no citado país africano cando o condutor do vehículo enque viaxaban perdeu o control do coche e o automóbil envorcou e caeu desde unha altura de 600 metros á pista de acceso ao cráter Ngorongoro, situado nun parque natural.

A nai e a filla morreron no sinistro, mentres que o pai presenta fracturas de ósos nas pernas e nun brazo, de prognóstico grave.

O fillo ten lesións no peito con rotura de costelas e posible perforación de pulmón, de prognóstico reservado.

Un guía turístico que foi testemuña do sinistro explicou que o accidente ocorreu ao termo dun safari, nunha zona de difícil acceso en que "se necesita moita experiencia para conducir".

"Saíndo do cráter hai unha curva moi pechada e unha gran pendente. Creo que o chofer non puido cambiar as marchas do coche rapidamente, volveu cara atrás, envorcou e caeu cara ao cráter", detallou.

Tras o ocorrido, os guías e testemuñas auxiliaron nun primeiro momento os feridos. "Trasladamos aos ombreiros os feridos ata arriba, onde chegou a ambulancia do Goberno para levalos ao hospital", contou.

O pai é médico en Bilbao, e os dous fillos, a moza falecida e o rapaz ferido, estudan no Colexio Francés, un centro privado situado na localidade de Zamudio.

A filla terminara este curso no colexio e ía ir á universidade, mentres que o fillo cursou segundo da ESO.

O Ministerio de Exteriores traballa coa embaixada para prestar apoio á familia á espera de rematar os trámites para a repatriación dos corpos das dúas falecidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade