Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan un veciño de Padrón por maltrato animal a tres mastíns

Investigan un veciño de Padrón por maltrato animal a tres mastíns

Localizaron os tres cans en "evidente estado de abandono" en situación hixiénico-sanitarias "desfavorables"

Un dos mastíns Un dos mastíns "desnutrido" recibe atención veterinaria despois do rescate
G24.gal 04/09/2022 11:18 Última actualización 04/09/2022 12:40

Axentes do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda civil do posto do Milladoiro, no concello de Ames, na comarca de Compostela, investigan unha persoa como suposta autora dun delito de maltrato animal a tres mastíns.

A investigación comezou despois de que os servizos municipais detectaran tres cans na localidade en condicións hixiénico-sanitarias "desfavorables".

Unha vez que os membros do SEPRONA se desprazaron ata o lugar localizaron tres cans de raza mastín en "evidente estado de abandono", con "desnutrición extrema", ademais dos cadáveres de dúas cabras.

Tras trasladalos a outras dependencias e de proporcionarlles asistencia, os veterinarios confirmaron a "evidente falta de alimento e auga potable" para a manutención dos animais, ademais da "falta de custodia e de vixilancia da saúde dos animais, co grave risco que isto supoñía para a vida e a integridade física dos cans", asegura nun comunicado a Garda Civil.

Un dos cans localizados en Padrón Un dos cans localizados en Padrón
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar