Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha muller pola morte do seu can tras anos de abandono en Oleiros

Investigan unha muller pola morte do seu can tras anos de abandono en Oleiros

Enfróntase a un posible delito de neglixencia no coidado do animal que estaba atado nunha leira en condicións pésimas

Exteriores do cuartel da Garda Civil de Oleiros Exteriores do cuartel da Garda Civil de Oleiros
G24.gal 03/08/2024 11:01

A Garda Civil do posto principal de Oleiros abriu unha investigación contra unha muller por presunta neglixencia no coidado do seu can, que faleceu tras varios anos de abandono.

Segundo informa o instituto armado, o animal fora trasladado a unha parcela na zona de Mera porque a veciñanza se queixara dos seus ladridos no piso no que vivía. O can permaneceu atado durante anos nese lugar "en condicións deplorables".

Varias persoas alertaron a Garda Civil e a Policía Local das "pésimas condicións" nas que se atopaba o can, inmobilizado na leira e rodeado de moscas e vespas. Tras o seu traslado a un hospital veterinario da Coruña, decidiron practicarlle a eutanasia humanitaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade