Buscan o coche da suposta violación grupal de Granada para poder identificar os agresores
Buscan o coche da suposta violación grupal de Granada para poder identificar os agresores
A Policía Nacional investiga o traxecto para localizar a matrícula
A Policía Nacional mantén aberta a investigación dunha presunta violación grupal que denunciou en Granada unha moza de 22 anos a madrugada do mércores.
A moza contou que, ao saír dunha discoteca, camiño da casa, asaltárona catro individuos que, usando a forza, a obrigaron a entrar nun coche no que a levaron á zona solitaria onde consumaron a agresión sexual.
"O único que vos podo dicir é que fai dous días que se puxo a denuncia e que se está investigando. Non vos podo dicir nada máis, está en investigación todo" declarou Inmaculada López Calahorro, Subdelegada do Goberno en Granada.
A investigación céntrase en identificar os ocupantes do coche pero a moza asegura non coñecelos. Por eso, a policía analiza imaxes do traxecto ata a zona da violación para dar coa matrícula.
Trala agresión, a moza foi a un centro sanitario onde observaron sinais claros dunha agresión sexual moi violenta e activaron o protocolo xudicial que implica un informe forense e axuda psicolóxica.
É o segundo caso de violencia sexual en grupo que se rexistra en Andalucía en só quince días tras o intento frustrado de violación doutra muller na praia de Málaga. Dous dos tres implicados ingresaron xa en prisión.