Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investígase como violencia machista a morte dunha muller en Valencia

Investígase como violencia machista a morte dunha muller en Valencia

Un home foi detido por quebrantar a orde de afastamento que tiña sobre a vítima 

G24.gal 02/02/2024 11:25

A Garda Civil localizou este xoves o corpo sen vida dunha muller de 49 anos no seu domicilio na localidade valenciana de Godelleta. Segundo fontes da Benemérita, o cadáver non presentaba signos de violencia, pero, con todo, procedeuse á detención dun home por quebrantar unha orde de afastamento que tiña sobre a vítima.

Axentes do Equipo Territorial de Policía Xudicial de Riba-roja de Túria fixéronse cargo da investigación e o cadáver foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Valencia para practicarlle a autopsia e esclarecer a causa da morte.

A Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero está a solicitar datos do asasinato por presunta violencia de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade