Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irene Montero postúlase ás europeas fronte ao "conformismo" de socialistas e Verdes

Irene Montero postúlase ás europeas fronte ao "conformismo" de socialistas e Verdes

"Se a esquerda fai políticas de dereita, ao final as dereitas mandan aínda que non gobernen", asegurou a exministra de Igualdade

G24.gal 22/01/2024 15:05

Irene Montero aspira a liderar a candidatura de Podemos ás eleccións europeas. A exministra de Igualdade é polo momento a única precandidata que concorre cunha lista completa ás primarias da formación morada para estes comicios.

Montero, que estivo apoiada pola secretaria xeral de Podemos, Ione Blearra, dixo que a súa candidatura é a única que representa o inconformismo progresista, e criticou as políticas do PSOE e Sumar.  

"Non nos imos conformar co odio e os recortes de dereitos, nin coa porta aberta aos especuladores, nin co 'non se pode' do socialismo e dos Verdes, non nos imos conformar: sabemos que outro mundo é posible. Se a esquerda fai políticas de dereita, ao final as dereitas mandan aínda que non gobernen", asegurou Montero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade