Irene Montero reitera a súa disposición a reformar a lei do só si é si
Irene Montero reitera a súa disposición a reformar a lei do só si é si
A Ministra de Igualdade advirte: "O consentimento non se toca"
Podemos arroupa a Irene Montero nun acto en Madrid
Baixo o lema "Consentiches ou non? So Si é Si" Podemos encheu o Circulo de Belas Artes de Madrid. En pleno debate da Lei de Garantía da Liberdade Sexual, o partido móstrase firme ante o que considera unha ofensiva contra a norma, contra as mulleres e contra o goberno de coalición. A líder da formación Ione Belarra asegura que non se van render na defendas dos dereitos feministas.
"Co paso das semanas, queda moi claro que isto da rebaixa das penas era unha desculpa do Partido Popular para volver ao modelo da violencia e da intimidación. Nun sistema democrático, o Congreso e as maiorías fan as leis e os xuíces aplícanas, non as terxiversan".
A Ministra de Igualdade reitera a súa disposición a negociar a lei. Con todo, Irene Montero di que a norma está ben feita e que ningunha reforma legal evitará as decisións xudiciais de rebaixar as condenas.
"Estamos dispostas a aceptar as condicións que o socio maioritario do Goberno necesita para saír unidas e facer fronte como Goberno xuntas a esta ofensiva contra a lei, o Goberno de coalición e a maioría progresista, plurinacional e feminista".
Pero di a ministra que hai algo no que non vai ceder.
"O consentimento non se toca", conclúe Montero.