Publicador de contidos
Publicador de contidos

Irene Montero reivindícase como "muller de Podemos" aludindo a Yolanda Díaz

Irene Montero reivindícase como "muller de Podemos" aludindo a Yolanda Díaz

Montero respondía así á frase da líder de Sumar na que sinalaba que ela non é "de ninguén"

G24.gal 15/04/2023 21:28 Última actualización 15/04/2023 21:50

Irene Montero reivindicábase hoxe como integrante da formación morada e amosábase orgullosa de formar parte deste proxecto colectivo. A alusión era evidente a Yolanda Díaz, que hai uns días reclamaba autonomía fronte ás presións dicindo: "Eu, muller, non son de ninguén".

Ademais, Montero recoñecía que é consciente da necesidade de unirse a outros partidos de esquerda no futuro, pero desde a pertenza nidia a Podemos.

"Eu si son muller de... Son muller de Ione Belarra e son muller de Podemos e estou orgullosa. Estou orgullosa de pertencer, estou orgullosa de non estar nunca soa, de ser a muller que forma parte dun proxecto colectivo, porque soas non imos a ningún sitio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade