Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel impídelle a entrada no país á eurodeputada do BNG Ana Miranda

Israel impídelle a entrada no país á eurodeputada do BNG Ana Miranda

Miranda denuncia que foi deportada por participar na Frota Internacional de 2015

A eurodeputada do BNG ía participar nunha visita aos territorios palestinos xunto a unha delegación do Parlamento Europeo

Ana Miranda, eurodeputada do BNG Ana Miranda, eurodeputada do BNG
G24.gal 21/02/2023 10:02

As autoridades de Israel denegáronlle a entrada no país á eurodeputada do BNG, Ana Miranda. Foi retida durante seis horas nun control da fronteira no aeroporto de Tel Aviv, a onde chegou xunto a representantes da Delegación de Relacións con Palestina do Parlamento Europeo.

Miranda cre que impediron a decisión é un castigo por participar en 2015 na chamada Frota da Liberdade, que denunciaba o bloqueo dos territorios palestinos. Refírese ao ocorrido como "unha afronta diplomática, unha falta de respecto á Eurocámara e unha penalización por participar na Frota Internacional de 2015".

"Que finalmente non me deixen entrar é o prezo que hai que pagar por defender os dereitos humanos e denunciar a ocupación e o apartheid que Israel practica co pobo palestino".

Miranda afirma que a súa expulsión se produciu malia a presión diplomática da Unión Europea, da delegación en Xerusalén e do gabinete da Presidencia. Comunicaba a súa deportación a través das redes sociais desde o aeroporto de Tel Aviv.

‼️Deportada por Israel!. Despois de moitas horas de agarda dende as 21h, Israel non me permite a entrada como membro da Delegación de Relacións con #Palestina do #ParlamentoEuropeo. Son case as 5 da mañá e expúlsanme no primeiro voo a Madrid ⤵️ pic.twitter.com/P6nBStgkdx

Fontes do BNG denuncian que Miranda foi avisada da súa expulsión "con total falta de respecto e arrogancia" e recolocada nun voo con destino Madrid.

A eurodeputada acudira ao país para visitar os territorios palestinos canda unha delegación do Parlamento Europeo.

En maio do ano pasado, as autoridades israelís denegáranlle a entrada ao xefe da devandita delegación, o eurodeputado de IU Manu Pineda. Daquela, todo o grupo decidira cancelar a viaxe. Nesta ocasión, o propio Pineda pediu ao resto dos membros que mantivesen a misión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade