Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome anuncia que o PP deixa de cogobernar a cidade de Ourense

Jácome anuncia que o PP deixa de cogobernar a cidade de Ourense

O rexedor asegura que seguirá gobernando a cidade só cos concelleiros de Democracia Ourensana

Jácome toma a decisión de expulsar os concelleiros do PP logo de que non asistirán a reunión convocado por el para falar sobre o seu compromiso coa cidade o voceiro e o secretario do partido

 

G24.gal 26/07/2022 14:55

O alcalde de Ourense, Pérez Jácome, anunciou esta mañá que expulsa o PP do Goberno da cidade e seguirá gobernando a cidade só cos seus concelleiros de Democracia Ourensana.

Un anuncio que chega logo de que Jácome non aceptara a vicevoceira dos populares como interlocutora na reunión prevista este martes e na que o alcalde esixía a presenza do voceiro e do secretario local do partido para falar sobre o seu compromiso de seguir no Goberno da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade