Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome denuncia no xulgado "espionaxe" tras novos audios que o ligan a prácticas irregulares

Jácome denuncia no xulgado "espionaxe" tras novos audios que o ligan a prácticas irregulares

En varias gravacións difundidas en medios de comunicación escóitase o rexedor ourensán explicar como branquear cartos para a campaña electoral ou pedirlle a uns funcionarios asumir unha multa que lle puxeron ao coche que habitualmente conduce

G24.gal 09/05/2023 16:14

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, denuncia no xulgado un presunto delito de espionaxe con microfonía oculta no seu despacho oficial. Jácome anuncia que dará mañá explicacións en conferencia de prensa. Farao catro días despois das primeiras gravacións difundidas por diversos medios de comunicación, que supostamente o comprometen, en plena precampaña do 28-M.

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense dende o 2019 por Democracia Ourensana, aspira á reelección nestas eleccións municipais inmerso en polémica. Nuns audios difundidos por varios medios de comunicación explica que sabe como branquear cartos para financiar a campaña electoral.

- Interlocutor: "E digo eu como vas facer, porque tantos cartos en B, como o vas facer para poder gastar na campaña?" - Jácome: "Pois con doazóns da xente, fanme doazón, diso todo a nivel fiscal eu controlo, non son tan chapuceiro".

Así o escoitamos nuns audios que publica en exclusiva o diario La Región e en que tamén se dirixe a empresas para que supostamente financien a súa campaña electoral.

- Interlocutor: "Mañá vaste a Madrid". - Jácome: "A ver o meu amor". - Interlocutor: "E aproveitas para facer algo máis, ou non?" - Jácome: "Si, a ver a Collarte, a ver se hai 30.000 ou non hai 30.000 ou que collóns pasa". - Interlocutor: "E dos de Urbaser non sabes nada?" - Jácome: "Nada... Pois vou chamar a outro".

Audios que desvelan tamén como tentou que dous funcionario asumisen a multa que recibiu o seu coche oficial en Vigo.

- Jácome: "Ben, non pasa nada, pensádelo. Polo momento non fai falla, estamos valorando, vale? Isto é un tema electoral. Ou sexa, o que non poden facer é que me collan (…), e que me apunten a min".

Gravacións que o alcalde xa denunciou no xulgado por un suposto delito de espionaxe, asegura que os audios son ilegais e están falseados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade