Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome suspende o teletraballo para os empregados do concello de Ourense

Jácome suspende o teletraballo para os empregados do concello de Ourense

"O maior erro como alcalde de 2019 a 2023 foi levar a pleno a ordenanza de teletraballo", di o alcalde

G24.gal 30/06/2023 20:09

O alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome anunciou este venres a súa decisión de "suspender temporalmente" o teletraballo aos traballadores do concello, cuestionando que algún funcionario solicitase esta alternativa "para todos os luns e venres".

Nunha mensaxe difundida a través das súas redes sociais, o rexedor ourensán publicou unha mensaxe en que se podía ler: "Cando os funcionarios do Concello solicitan teletraballo para todos os luns e venres, non é teletraballo o que solicitan".

Por este motivo, o alcalde asinou unha providencia para que se activen "os mecanismos necesarios" que permitan levar a cabo esta suspensión de carácter temporal, que afectará 130 persoas.

"O maior erro como alcalde de 2019 a 2023 foi levar a pleno a ordenanza de teletraballo", aprobada "por unanimidade" por toda a corporación, esgrimiu o rexedor, quen advertiu de que "xa intuía" que esta medida "non era boa".

Para xustificar esta decisión, sustentouse, en primeiro lugar, na necesidade de acometer unha "reorganización" de persoal que require "da presenza física" dos traballadores. Ademais, manifestou que existe un "atraso" dos expedientes.

Con esta medida, mostrouse convencido de que "se vai a mellorar a funcionalidade" do Concello e sostén que "é unha tomadura de pelo" a cantidade de traballadores que solicitaron teletraballar "os luns e venres".

Esta medida, de carácter provisional, terá que ser aprobada polo pleno. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade