Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome, tras declarar por malversación: "Son fabas contadas"

Jácome, tras declarar por malversación: "Son fabas contadas"

O alcalde de Ourense asegurou que a acusación non ten base ningunha e que todos os gastos do partido están xustificados

O alcalde de Ourense á saída dos xulgados da cidade
G24.gal 28/12/2021 12:13

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, investigado por un delito de malversación de fondos públicos do súa partido Democracia Ourensana, defendeu hoxe en sede xudicial que todos os gastos da formación están "debidamente xustificados" e que non hai "base ningunha" para manter a acusación. 

Jácome fixo esta afirmación á saída do edificio xudicial, despois de prestar declaración ante o xuíz do Xulgado de Instrución número dous da localidade galega en calidade de investigado, por mor dunha querela presentada pola Fiscalía en que o acusan de posible delito de malversación de fondos públicos polo desvío das subvencións asignadas ao grupo municipal Democracia Ourensana. 

O rexedor contestou durante dúas horas ás preguntas do maxistrado, ante a ausencia da Fiscalía. 
O Ministerio Público investiga o posible desvío duns 100.000 euros do seu partido entre os anos 2015 e 2018 para fins particulares cando Jácome aínda era líder da oposición, como a súa televisión privada. 

A isto súmase a denuncia presentada por antigos compañeiros de partido que o acusan de apropiarse o ano pasado de máis de 259.000 euros das subvencións do Concello e da Deputación Provincial para Democracia Ourensana. 

Ao preguntarlle sobre este particular, Jácome volveu defender ante os medios de comunicación a legalidade da súa xestión económica á fronte de Democracia Ourensana e confiou en que a denuncia non teña máis percorrido.

"O noso partido ten gastos como todos os partidos, páganse, entrégase factura e punto, son fabas contadas, non ten nada máis", concluíu. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade