Cargando resultados...
Janis Timma reforza o xogo interior do Obradoiro
Internacional letón, é un ala pivote de 31 anos e con experiencia na NBA e Euroliga
G24.gal
18/02/2024 16:37
O Obradoiro exprimiu o mercado ata que atopou o ala pivote que convenceu a dirección deportiva e adestradores. Janis Timma é a bala que se xogan para reforzar o xogo interior. Un xogador internacional por letonia, de 31 anos e que estaba no Darussafaka da Súper Liga de Turquía. Alí acreditou 11'7 puntos e 4'6 rebotes no que vai de temporada.
Timma ten experiencia na NBA (foi elixido por Memphis Grizzlies) e, sobre todo, en equipos de Euroliga. Miliou en Baskonia, Olympiakos, Khimki e Unics Kazan.