Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jesús Suárez: "Este evento é como o Walt Disney do fútbol"

Jesús Suárez: "Este evento é como o Walt Disney do fútbol"

O proxecto Escoita foi presentado esta semana no World Football Summit, celebrado en Sevilla

G24.gal 01/10/2022 15:46

O músico e cantautor coruñés Jesús Suárez presentou o proxecto Escoita no congreso mundial que se celebrou na cidade hispalense esta mesma semana. 

Alí puido promover esta aplicación dirixida ás persoas con déficit de visión poidan seguir o desenvolvemento de diferentes eventos deportivos.

"É moi importante que hai moita xente que por diversos motivos non pode ver, non só cegos, persoas maiores... a oportunidade de poder estar nun evento e poder gozalo, ter un soporte sonoro é básico. Penso que este cumio é moi importante, a nivel europeo e mundial, dous días moi concentrados onde tes a oportunidade de facer networking e coñecer a persoas do fútbol que sería imposible contactar con eles por outros métodos, o presidente da Fundación Johan Cruyff, da Fundación Real Madrid, xente do Deportivo, do Celta... Incluso falamos de xente dos Xogos Panamericanos, que lles parecía moi interesante para os seus xogos paralímpicos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade