Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os tres tenores do MXGP quedan á par na República Checa

Os tres tenores do MXGP quedan á par na República Checa

Gañou Gajser a proba, con Prado a un punto e Herlings a dous

O esloveno mantense no máis alto a falta de sete probas para o final

G24.gal 21/07/2024 17:12 Última actualización 21/07/2024 18:07

Todo segue igual no Mundial de motocrós despois da proba de Lombok, na República Checa. Gajser, Prado e Herlings estiveron separados por só dous puntos con actuacións brillantes dos tres pilotos que marcan a pauta. 

Na primeira carreira Jorge Prado acabou no segundo posto. O piloto lugués non saíu ben, pero non tardou demasiado en colocarse en cabeza durante varias voltas. Pouco a pouco foi perdendo a vantaxe respecto o neerlandés Jefrey Herlings, que logrou adiantar a Prado para pasar a liderar a proba. Prado non logrou acceder a esa primeira praza, pero mantivo unha importante segunda praza por diante do líder do Mundial, o esloveno Tim Gajser.

A segunda rolda comezou co liderado de Jorge Prado, con Gajser á súa roda. Herlings caeu dúas veces nas primeiras voltas e tivo que remontar desde a trixésima praza. O que fixo o neerlandés foi extraordinario rematando no cuarto posto e asexando a terceira praza de Gajser. Prado aguantou vinte minutos á fronte ata que Gajser lanzou un ataque demoledor para manter a vantaxe á fronte do Mundial. Gañou a rolda e a proba. Prado tivo que conformarse coa segunda posición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar