Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas grandes saídas permítenlle a Jorge Prado gañar no Trentino desde a 17ª praza

Dúas grandes saídas permítenlle a Jorge Prado gañar no Trentino desde a 17ª praza

Fixo un 17º na clasificación, pero conseguiu poñerse en cabeza e só foi superado por Febvre e Gajser

Na segunda quenda, resistiu a presión de Febvre, que acabou caendo e rematou de quinto

É a quinta vez que Prado vence en Pietramurata

G24.gal 14/04/2024 14:40

Na primeira carreira do Grande Premio de Pietramurata, no Trentino, Jorge Prado salvou unha situación complicada. Saía moi atrás na grella (17º), despois dun problema mecánico nos adestramentos, pero conseguiu aproveitar a súa velocidade para poñerse en cabeza na primeira volta. 

Detrás del metéronse Febvre e Gajser, moi ambiciosos durante toda a fin de semana. Mediada a proba o francés conseguiu superalo e pouco despois era Gajser o que se poñía na segunda posición. Jorge Prado mantivo a terceira praza pensando na segunda carreira. 

A segunda quenda volveu comezar cunha gran saída de Jorge Prado. O lugués tirou da súa gran especialidade, e volveu superar todos os pilotos para colocarse de primeiro, seguido por Romain Febvre. Gajser non saía ben e víase obrigado a remontar posicións, mentres que Herlings caía na primeira curva e perdía todas as opcións.

Jorge Prado marchaba na cabeza resistindo as acometidas de Romain Febvre, que buscaba o GP perfecto logo da vitoria na carreira de cualificación e na 1ª quenda. O francés meteulle a moto na 4ª volta, pero Prado aguantou. E despois cometeu un erro, quedando relegado á quinta praza, o que lle daba a vitoria no GP a Prado. Sen oposición, ao campión mundial vixente só lle quedou pilotar coa tranquilidade que o caracteriza para asegurar a vitoria na quenda, e na fin de semana.

Cos resultados finais, Prado sae do Trentino cunha vantaxe sobre Gajser de 13 puntos, so catro menos que antes da cita. A Febvre sácalle 45. Ademais, Jorge Prado acumula catro vitorias nos catro grandes premios disputados ata o momento no mundial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar