Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado está ante o gran reto de gañar no seu circuíto e recuperar o liderado

Jorge Prado está ante o gran reto de gañar no seu circuíto e recuperar o liderado

Terá o apoio de máis de 10.000 espectadores que vibrarán nas dúas mangas que compoñen o Gran Premio de Galicia

G24.gal 10/05/2024 11:43 Última actualización 10/05/2024 11:50

Jorge Prado é o vixente campión do mundo de motocrós dentro da categoría de MXGP. Esta fin de semana tentará recuperar a placa vermella que identifica o líder do Mundial, un posto do que o piloto lucense tentará destronar a Tim Gajser, que lle adiantou na clasificación na última cita en Portugal.

Prado ampárase no seu extraordinario momento de forma que se traduciu en catro vitorias nas catro primeiras citas do campionato do mundo. E farao sobre un circuíto que leva o seu nome, un feito inaudito na historia deste deporte, co apoio de máis de 10.000 espectadores que vibrarán nas dúas mangas que compoñen o Gran Premio de Galicia.

Jorge Prado forxou unha lenda aos mandos da súa Gas Gas da que todos os afeccionados poderán gozar este sábado e domingo nun circuíto único no Mundial, pois está integrado en plena natureza nunha contorna que sorprenderá aos pilotos e aos miles de visitantes que recibirá Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar