Febvre gaña o GP de Chequia, pero Jorge Prado (2.º) aumenta a vantaxe no mundial
Febvre gaña o GP de Chequia, pero Jorge Prado (2.º) aumenta a vantaxe no mundial
Unha caída do francés na segunda rolda fixo posible que Jorge Prado o superara
Rubén Fernández rematou cuarto o GP minguado por unha caída o sábado
No Gran Premio da República Checa, o que ocupou o máis alto do podio foi o francés Febvre, o de verde, pero o mais contento era o rapaz da súa dereita, o do champaña, que é de Lugo, Jorge Prado.
E é que a Prado non se viu cómodo en ningunha das roldas deste domingo, pero no global da fin de semana ampliou a súa vantaxe á fronte do Mundial, e, por iso, a ledicia.
Na primeira das roldas saíu ben e levou o Holeshots, é dicir, pasou de primeiro pola primeira curva. Pero rápido Febvre tomou a cabeza. E Prado por detrás mesmo tivo que ceder o segundo posto ante o empuxe da Yamaha de Seewer. O vigués Rubén Fernández acabou esta rolda de sexto.
Na segunda, a cousa non foi mellor. Desta volta, Prado mesmo saíu peor e o holeshot foi para Seewer.
E como na carreira anterior, Febvre volveu tomar con prontitude a cabeza. Febvre foi o máis rápido neste percorrido, pero a súa caída cambiou a carreira. Fóiselle de atrás e iso posibilitou a vitoria de Vlaanderen e o segundo posto de Prado. Con Rubén de novo, de sexto.
Así que, sumados os puntos, Febvre levou o Gran Premio, pero Prado sae con 104 de vantaxe á fronte do Mundial. E iso é para tirar champaña e estar contento.