Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado gaña en Indonesia e recórtalle doce puntos a Gajser

Jorge Prado gaña en Indonesia e recórtalle doce puntos a Gajser

O galego rematou a primeira manga en Indonesia no segundo posto e o líder do Mundial foi o terceiro

Prado impúxose na segunda quenda por diante de Herlings, co que gañou o Gran Premio

G24.gal 30/06/2024 07:39

Na primeira manga do Grande Premio de Indonesia Jorge Prado seguiu recurtándolle puntos a Tim Gajser. Aos poucos, como na proba de cualificación, pero Prado demostrou estar totalmente recuperado da caída da última proba puntuable. 

A carreira quedou definida na primeira volta. Herlings aproveitou a súa pole para poñerse á fronte, con Jorge Prado pegado a el pero dosificando esforzos pola calor e a humidade do circuíto de Lombook. Gajser non conseguiu aguantar o ritmo e non arriscou mantendo a terceira posición con certa vantaxe sobre Vlaanderen e Seewer que sí se meteron nunha bonita pelexa. 

Na segunda quenda, Jorge Prado impuxo a súa lei. Dominou a proba e acadou un importante triunfo por diante de Herlings, ao que supera na clasificación do Gran Premio grazas a esa vitoria parcial. E, ademais, aproveitou á perfección as dúas caídas de Tim Gajser durante a carreira. O esloveno non estivo nada cómodo, e rematou de quinto.

Así, Prado queda agora a 22 puntos de Gajser na clasificación do campionato. E, o que é máis importante, remata un Gran Premio con moi boas sensacións, xusto cando comeza un treito moi importante da temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar