Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno valora abrir o desvío para transportes especiais de Pedrafita en 10 días

O Goberno valora abrir o desvío para transportes especiais de Pedrafita en 10 días

O delegado do Goberno en Galicia visitou a zona onde se realizan os traballos para poñer en servizo a vía alternativa de acceso a Galicia

José Miñones afirma que as obras do desvío da A-6, no viaduto do Castro, avanzan a bo ritmo

G24.gal 10/09/2022 13:07 Última actualización 10/09/2022 14:08

O Goberno valora abrir en 10 días o desvío que evitará que os transportes especiais pasen polo núcleo de Pedrafita do cebreiro.

Este sábado o delegado do Goberno en Galicia visitou as obras na A-6 no lugar onde se derrubara a comezos de xuño o viaduto do Castro. José Miñones estivo no lugar onde se realizan os traballos para poñer en marcha esa vía alternativa de acceso a Galicia pola meseta.  

Asegurou que os traballos "avanzan a bo ritmo". Di que a recuperación do tráfico na autovía é unha prioridade para o executivo central e que o obxectivo é que a alternativa deseñada, que evitará o paso de transportes especiais polo núcleo de Pedrafita, cando viaxen en sentido Madrid estea lista canto antes. Estaba prevista a apertura para outono, pero grazas á colaboración de Goberno central e Xunta o executivo valora poñelo en servizo antes desa data.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade