Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juan Manuel Vieites: "O sentidiño debería reinar coa decisión xurídica sobre Ence"

Juan Manuel Vieites: "O sentidiño debería reinar coa decisión xurídica sobre Ence"

O presidente da patronal galega di agardar que "o impacto socioeconómico que ten Ence en Galicia non se vexa prexudicado por unha decisión administrativa 

Vieites afeálle ao Goberno a suba do SMI sen contar cos empresarios por intereses electoralistas

Admite preocupación polos ataques dende o Goberno a certos empresarios

G24.gal 05/02/2023 07:54 Última actualización 05/02/2023 09:48

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia -CEG-, Juan Manuel Vieites, expresa o seu desexo porque Ence poida continuar a súa actividade na ría de Pontevedra. Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega e nas vésperas de que o Tribunal Supremo resolva os recursos sobre as prórrogas da concesión da factoría, Vieites opina que "o sentidiño debería reinar coa decisión xurídica" aínda que engade que hai que agardar "a que o Tribunal Supremo diga o que ten que dicir e despois faremos as valoracións correspondentes, sempre respectando o que o tema xurídico di".  En todo caso, Vieites considera que "estas cousas non se poden levar ao aspecto político". 

"Creo que é moi importante para a actividade industrial de Galicia -sobre todo pola implicación que ten co mundo forestal, que é tan importante na nosa terra- e esperemos ao que o Tribunal Supremo di pero esperamos que todo o impacto socioeconómico que ten Ence en Galicia non se vexa prexudicado por unha decisión administrativa". 

STELLANTIS

O presidente da patronal galega insta o Goberno central a impulsar a competitividade e buscar solucións de futuro para que a factoría de Stellantis en Vigo teña garantida a súa continuidade. Vieites é máis optimista nesta materia logo de que o Ministerio de Industria aceptara reformular o PERTE do automóbil. Con todo, cre que "hai que seguir traballando". 

"Lanzo unha derivada para que o Goberno de España empece a pór as pilas e que realmente entre todos poidamos apoiar a competitividade dunha planta e buscar as solucións e necesidades que ten Stellantis Vigo". 

CAMPAÑA ELECTORAL E SMI

O presidente da CEG alerta na entrevista de que a "polarización" derivada do período electoral pode prexudicar a actividade empresarial.  Nese contexto enmarca a decisión do Goberno de revalorizar o salario mínimo interprofesional sen contar cos empresarios e aféalle non inspirar "confianza".

"A proximidade das eleccións condicionou a decisión do Goberno porque está pensando nos votos. Estas cousas non se poden ter así porque temos aquí ao lado un país como Portugal onde nós temos un salario mínimo un 37 por cento por enriba do que teñen eles. Iso non resolve a situación e non debemos confundir o xeral co particular. Hai que inspirar confianza, que non se está producindo". 

Nesa liña tamén admite preocupación polos ataques e sinalamentos a determinados empresarios por parte do Goberno. Actitude que Vieites rexeita de plano. 

"Este ataque ás empresas por parte dun Goberno preocupa ao mundo empresarial pero tamén estabilidade política. Hai que evitar unha clara deterioración da calidade institucional".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade