Publicador de contidos
Publicador de contidos

Julio Torrado: "Galicia aprovéitase do índice de crecemento de España, pero medra menos"

Julio Torrado: "Galicia aprovéitase do índice de crecemento de España, pero medra menos"

Criticou a falta de acción do goberno da Xunta logo dos primeiros cen días desta lexislatura

Avanza que o PSdG tentará que nos próximos orzamentos de España as bonificacións da AP9 puidesen chegar ao 75 %

Julio Torrado durante a entrevista este luns na Radio Galega
G24.gal 22/07/2024 10:09

O voceiro da executiva do PSdG Julio Torrado repasou no Galicia por diante da Radio Galega algúns dos temas de actualidade da política galega e estatal. En primeiro lugar, fixo balance dos cen días do actual goberno da Xunta. Torrado bota en falta unha maior acción por parte do executivo encabezado por Alfonso Rueda: "Actívase moito en épocas electorais, pero desactívase bastante para gobernar". 

En termos económicos, o portavoz socialista asegurou que Galicia medraba menos que o resto de España: "O ano pasado España estaba crecendo un 2,5 % e Galicia un 1,8 %, segundo o IGE". 

Ademais, Torrado valorou a chegada de migrantes a España: "Necesitamos políticas novas porque estamos ante un drama humanitario que se repite constantemente". 

"Necesitamos menos tensión social sobre a inmigración".

Entre outros temas, valorou a implantación de Altri na comarca da Ulloa, o estado da sanidade galega, a petición da gratuidade da AP9 ou a folga do lixo da Coruña. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade