Junqueras cre que sería inxusto castigar os líderes do "procés" con catro anos por malversación
Junqueras cre que sería inxusto castigar os líderes do "procés" con catro anos por malversación
O líder de ERC pediu ás forzas independentistas xenerosidade e deixar de pensar en intereses particulares
O presidente de ERC, Oriol Junqueras, asegurou hoxe que sería "inxusto" castigar con catro anos de prisión por malversación os líderes do procés e garantiu negociar ata onde poidan. Junqueras pediu ás forzas independentistas xenerosidade e "deixar de pensar en intereses particulares" para sacar adiante a supresión do delito de sedición e a despenalización da malversación sen ánimo de lucro.
"Este suposto delito de malversación é claramente unha inxustiza, porque de feito malversación non houbo ningunha. Nós non vemos ningún feito de malversación... Non perdemos a oportunidade de pedir a todos os independentistas e a todos os demócratas de boa fe que nos axuden. Se en lugar de poñer paus nas rodas, se en lugar de votar en contra nos axudarse no proceso de negociación, se nos axudasen a votar teriamos moita máis forza e conseguiriamos moitas máis cousas", dixo Oriol Junqueras.