Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pacto con Junts salva o decreto anticrise e o de Xustiza pero Podemos fai caer o de subsidios por desemprego

Un pacto con Junts salva o decreto anticrise e o de Xustiza pero Podemos fai caer o de subsidios por desemprego

Junts pacta a cesión das competencias de inmigración a cambio de salvar os decretos

G24.gal 10/01/2024 18:02 Última actualización 10/01/2024 21:15

O presidente do Goberno Pedro Sánchez logrou sacar adiante os decretos anticrise e ómnibus grazas a un acordo de última hora con Junts per Catalunya.

Aínda que a formación nacionalista anunciara o seu voto negativo aos tres decretos que debateu este mércores o Congreso, as negociacións co PSOE permitiron desbloquear dous deles.

O terceiro, que reforma o subsidio do desemprego e que fora proposto pola vicepresidenta segunda Yolanda Díaz, non saíu adiante polo voto en contra de Podemos.

Aprobado o decreto anticrise

O Congreso deu luz verde ao decreto anticrise do Goberno grazas á abstención de Junts e despois de que a votación se tivese que repetir por un primeiro empate.

O decreto foi validado cos 172 votos a favor do resto do bloque da investidura e 171 en contra. O decreto tramitarase como proxecto de lei para recibir emendas.

Aprobado o decreto de Xustiza

No caso do decreto de Xustiza denominado ómnibus foi validado cos mesmos 172 votos a favor e 171 en contra e tramitarase tamén como proxecto de lei. Os deputados de Junts non quixeron votalo.

Detalles do acordo con Junts

O acordo pactado entre o PSOE e Junts prevé a delegación das competencias sobre inmigración á Generalitat, suprimir o artigo da lei de axuizamento criminal que ao seu xuízo faría perigar a amnistía e publicar as balanzas fiscais a cambio de non votar os tres primeiros decretos lei do Goberno.

O paquete de medidas inclúe tamén a publicación "inmediata" das balanzas fiscais e o compromiso de reformar, vía Consello de Ministros, a lei de sociedades de capital para reverter o decreto que aprobou en 2017 o Goberno do PP "e que as empresas poidan volver a Cataluña".

Recolle así mesmo rebaixar ao 0% o IVE do aceite, un aumento dos recursos para a dixitalización da administración de xustiza ata os 6,2 millóns de euros; que o Estado asuma a totalidade do custo do desconto no transporte público, e que se recoñezan "os dereitos históricos de Cataluña en materia de réxime local".

O PP estuda recorrer o pacto

Todo o pactado entre o PSOE e Junts será analizado polo PP para determinar se ten recurso, segundo anunciou o seu presidente. Alberto Núñez Feijóo denunciou a "humillación" e a "deshonra" de que Junts decidise se os reais decretos do Goberno de Pedro Sánchez se validaban ou non.

"O meu país non merece este esperpento de desgoberno en que estamos sumidos todos", dixo Feijóo, quen se preguntou se hai máis "pactos encapuchados".

"Se tres decretos supuxeron un xaque ao Goberno, aterra pensar como será cada semana desta lexislatura", concluíu o presidente dos populares.

Podemos fai caer o decreto do subsidio por desemprego

Un dos decretos clave dos que se debatían este mércores era o de subsidio por desemprego, proposto pola vicepresidenta Yolanda Díaz. 

Os cinco membros da  formación morada votaron en contra e fixeron que o decreto non fose validado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade