Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kalekoi, a obra dunha parella de emprededores para manter vivo o vínculo co rural

Kalekoi, a obra dunha parella de emprededores para manter vivo o vínculo co rural

Distribúen 550 toneladas ao ano de leite fresco pasteurizado, quefir e iogur artesanal 

Foron pioneiros en primar o leite de vacas con xenética tipo A2A2

G24.gal 08/02/2023 14:48

Buscaban unha idea de negocio que lles permitira traballar preto da familia. Así foi como unha parella de enxeñeiros de Lalín puxo en marcha unha fábrica de iogur artesán. Sete anos despois Kalekoi é unha empresa consolidada e un referente de emprendemento no sector agrario.

Susana e Álex nunca perderon o vínculo coas actividades agrarias nas que se criaron aínda os seus estudos os levaron a traballar en industrias químicas e de automoción. En 2015 decidiron cambiar de rumbo e asentarse na capital do Deza creando o seu propio negocio a partir da transformación do leite da granxa que os pais de Susana teñen en Rodeiro

"É un pouco seguir esa traxectoria que empezaron meus avós en 1974", di Susana.

Contaron co asesoramento e a axuda financeira do IGAPE para darlle forma á súa idea de emprendemento que resalta o valor da materia prima e do proceso artesanal. Un factor diferencial da súa marca é primar o leite de vacas con xenética tipo A2A2 que, segundo conta Álex, está avalado por varios estudos que resulta máis dixestiva. 

"O noso organismo dixire de forma máis sinxela o leite A2A2, porque é o que máis se asemella ao leite materno", conta Álex.

Sete anos despois do seu comezo comercializan como iogur, quefir ou leite fresco pasteurizado máis de cincocentas toneladas ao ano. Isto equivale xa a case toda a produción da granxa familiar. 

A súa iniciativa emprendedora conta con numerosos recoñecementos, entre eles, o da última edición dos Premios Alimentos de España, que amais da calidade do produto, valorou tamén que contribúe a preservar a actividade agraria.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade