Kevin González: político de mañá e remeiro de tarde
Kevin González: político de mañá e remeiro de tarde
Para o novo concelleiro de Mocidade, Infancia e Voluntariado, a política é máis estresante
Traemos a historia de Kevin González. Comezou a Liga Galega de Traiñeiras, e nesa embarcación atopamos un remeiro que dende este luns tamén é político.
Case que toda a vida saíndo do club polas tardes para adestrarse con Tirán, un candidato ao ascenso á ACT. Agora a maioría das mañás saíndo como concelleiro do Concello de Moaña. Ten 29 anos. Titular indiscutible con Tirán. Líder da Liga Galega, logo de dúas xornadas
"Nós quremos quedar entre os dous primeiros, pero non é o obxectivo número un"
Máis estresante vai ser o seu cargo de concelleiro de Mocidade, Infancia e Voluntariado
"É máis estresante. O remo é para desestresar"
Deportista de elite, tamén antes adestrador de categorías inferiores; fillo do mar, como contaba aquel texto de Rosalía de Castro, que agora axuda a veciñanza de Moaña.