Publicador de contidos
Publicador de contidos

Krugman e Banerjee, dous Nobel de economía no Vigo Global Summit 2023

Krugman e Banerjee, dous Nobel de economía no Vigo Global Summit 2023

O cartel con máis prestixio da súa historia para conmemorar os 75 anos do Consorcio Zona Franca de Vigo

G24.gal 27/06/2023 20:28 Última actualización 27/06/2023 20:52

Sobre emprego e negocios falouse o martes en Vigo. O foro económico Vigo Global Summit arrancou na cidade e fíxoo coa presenza dun premio Nobel de economía, Paul Krugman.

O cartel do Vigo Global Summit, coinciden os expertos, é o de máis prestixio da súa historia. O motivo é que esta edición conmemora os 75 anos do Consorcio Zona Franca de Vigo.

O premio Nobel Paul Krugman, toda unha estrela mediática neste tipo de eventos, ante máis de cincuenta medios acreditados, expuxo, entre moitas outras cousas, que a subida de tipos de interese reducirá a inflación. Ademais de Krugman vimos e escoitamos a elite experta en falar de economía.     

"Saber máis porque estamos nun momento particularmente difícil, hai moitos choques que están afectando á nosa economía, a pandemia, a invasión de Ucraína, pero tamén tendencias de longo prazo con implicacións económicas moi relevantes, desde o cambio climático ao envellecemetno poboacional", explica a TVG Santiago Lago, que é o  director técnico do Vigo Global Summit neste 2023. 

"A economía nos grandes clásicos económicos era o instrumento para sacar da pobreza a xente. A economía como disciplina, insisto, é unha panca para o progreso do conxunto dos cidadáns dun país, non para unha elite determinada. Se non o conseguimos é que algo falla no funcionamento da economía", matiza Antón Costas, o Presidente do Consello Económico e Social de España.

Este foro remata o mércores coa presenza doutra estrela mediática no eido da economía, que tamén posúe un Nobel, o economista Banerjee, que falará do que tan ben coñece, de como aliviar a pobreza global.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade