Lanzan unha campaña para promover a igualdade nas redes sociais
Lanzan unha campaña para promover a igualdade nas redes sociais
Influencers, actores, músicos, científicos ou deportistas participan na iniciativa
Concienciar a mocidade sobre a importancia de loitar por unha igualdade de xénero é o obxectivo da segunda edición da campaña de Igualdade Followers que lanza o Goberno galego a través das redes sociais.
Rostros moi coñecidos polos mozos publican mensaxes a prol da igualdade para conseguir causar efecto nos seus milleiros de seguidores.
Mensaxes de denuncia a través das redes sociais de influencers, actores, músicos, científicos ou deportistas.
Son testemuñas para facernos pensar que estamos aínda moi lonxe da igualdade.
A campaña Igualdade Followers, promovida pola Asociación de Xornalistas de Galicia e impulsada polo Goberno galego, busca chegar aos máis novos para que loiten por unha igualdade real e efectiva.
Dezasete testemuñas que axudan a identificar e combater as desigualdades que aínda existen.