Publicador de contidos
Publicador de contidos

Laporta: "En breve daremos as explicacións necesarias"

Laporta: "En breve daremos as explicacións necesarias"

Contestoulle a Tebas que non pensa dimitir

Foto EFE
G24.gal 21/02/2023 13:51 Última actualización 21/02/2023 14:16

Joan Laporta, presidente do F. C. Barcelona, asegurou este martes que "en breve" dará "todas as explicacións necesarias", respecto ao caso Negreira, nunha conferencia de prensa na que ofrecerá detalles sobre a investigación externa que se está levando a cabo desde hai uns días.

O dirixente queixouse polas filtracións de datos e documentos que se están producindo desde que saíu á luz o caso e aproveitou para responder o presidente de LaLiga, Javier Tebas, quen onte luns pediu a dimisión de Laporta, se non daba explicacións convincentes do asunto: 

"Non lle darei o gusto, porque o Barcelona é dos seus socios e socias", indicou.

"Non é sorprendente. Xa nos avisaban que Tebas estaba detrás dunha campaña reputacional contra o F. C. Barcelona e contra min", dixo Laporta nun comunicado institucional realizado no gol sur do Spotify Camp Nou ante os medios de comunicación.

"Tebas segue coa súa obsesión co Barça e a súa fobia co noso club", sentenciou o mandatario azulgrá. E lembrou: "En 2005, como vicepresidente do Alavés, puxo unha denuncia para que Messi non xogase co Barça".

Agora Laporta di que Tebas "non perdoa que o F. C. Barcelona non subscribise o acordo con CVC" nin que estea "na Superliga". Doutra banda, advertiu que "quen tente prexudicar a imaxe do F. C. Barcelona e a súa historia terá unha resposta contundente por parte da entidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade