Larouco quere que as covas convertidas en adegas sexan declaradas BIC
Larouco quere que as covas convertidas en adegas sexan declaradas BIC
Hai 72 destes espazos en menos dun quilómetro cadrado
Este sábado celebran a festa, con visitas a 19 das adegas
Nun espazo de menos dun quilómetro hai 72 covas naturais que os veciños de Seadur converteron en adegas ao longo dos séculos. Un elemento etnográfico de enorme valor que consguiu sobrevivir ao paso do tempo e que garda fielmente a tradición adegueira de Valdeorras. Por eso traballan para que sexa declarado Ben de Interese Cultural.
A memoria dos veciños foi clave para rehabilitar as covas máis deterioradas e recuperar o seus antigos usos. Nalgunhas delas recuperouse a venda directa de viño e outras foron convertidas en negocio de hostalería. E é que se trata dun recurso que non se pode perder.
Quen desexe coñecer en detalle as covas pode facelo este sábado santo nunha festa na que servirán viño e comida durante todo o día en 19 adegas.